PAZO DE MONTENEGRO ( Sede da Vicerreitoría )
Trátase dun conxunto que xorde da rehabilitación de tres edificios preexistentes na contorna da Porta de Santiago, enfronte da catedral, para albergar a vicerreitoría da Universidade en Lugo.
O proxecto xorde do concurso de anteproxectos do que fora gañador Felipe Peña en 1999. Durante a execución das obras, co correspondente control arqueolóxico, apareceron restos de gran interese, que aconsellaron modificar profundamente o proxecto inicial, completando a vicerreitoría, construíndo o seu edificio cultural e, ao mesmo tempo, protexer, musealizar e facer visitable o importante xacemento arqueolóxico escavado no seu subsolo.Entre 2001 e 2002 execútanse as obras de rehabilitación do Pazo de Montenegro para vicerreitoría. En 2006, tras consultas coas diversas administracións, queda redactado o novo proxecto, que se axusta ás condicións sobrevidas, e que se termina de executar en 2008, coa apertura ao público non só das instalacións universitarias, senón do museo arqueolóxico que foi denominado «Domus do Mitreo».
Comentarios
Publicar un comentario