OBSERVATORIO


 Edificio de investigación dedicado ao eximio astrónomo lalinense don Ramón María Aller Ulloa, que albergou ata fai poucos anos o propio telescopio refractor do astrónomo na súa cúpula maior, telescopio que actualmente está situado na sala da meridiana. As cúpulas albergan actualmente respectivos telescopios reflectores newtonianos, o maior de eles de 600 mm de diámetro.

O edificio foi proxectado por Jenaro de la Fuente, nun estilo rexionalista semellante ao do resto das edificacións da Residencia de Estudantes proxectadas por el. Situouno no lugar máis afastado da cidade, para que as luces da mesma non prexudicasen as observacións que se ían facer dende el. 

Hai xa tempo que esa situación deixou de ser axeitada, xa que na actualidade está rodeado de contaminación luminosa por todos lados, ao ter sido rodeado pola expansión do propio campus e o crecemento da cidade.

Comentarios

Entradas populares