O XARDÍN DAS PEDRAS


 

En 1844, sendo reitor da Universidade compostelá Juan José Viñas, creouse nas hortas do Colexio de Fonseca o Xardín Botánico Universitario, co fin de fornecer a investigación e docencia de Farmacia, Bioloxía e Medicina. 

Dese xardín só permanece un resistente vestixio: o exemplar arbóreo de Ginko Biloba máis antigo de España. 

Na actualidade é un parque aberto ao público e, desde 2018, acolle o “Xardín das pedras que falan”, un proxecto ideado polo escritor Suso de Toro con bolos de pedra dispostos en espiral, mostrando cada un deles unha cita literaria de diferentes autores en distintas linguas.


Comentarios

Entradas populares