FACULTADE DE VETERINARIA
En
1882 creouse a Escola de Veterinaria da Universidade de Santiago de
Compostela, que comezou as súas actividades académicas no Colexio
de San Clemente, en Santiago. Entre 1903 e 1913 constrúese un novo
edificio, sendo a zona elixida para a súa localización a saída da
cidade cara a Ourense, no lugar da Tenencia do Hórreo, edificio que
actualmente é a sede do Parlamento de Galicia. Alí funciona a
Escola ata 1924, cando a ditadura de Primo de Rivera eliminouna.
En 1983 creouse a Facultade de Veterinaria en Lugo, no Colexio Universitario. Actualmente dispón dun edificio modular, construído pola Deputación Provincial de Lugo, con proxecto de Antonio González Trigo. O edificio, que foi inaugurado en maio de 1991, conta cunha superficie construída de más de 30000 metros cadrados, que acubilla as unidades estruturais básicas da Facultade: núcleo central, auditorio, aulario, pavillóns de departamentos, e clínicas, co Hospital Clínico Veterinario.
Comentarios
Publicar un comentario