FACULTADE DE QUIMICA
O
proxecto de urbanización da Residencia de Estudantes de Jenaro de la
Fuente, inspirado no do seu predecesor, segue a idea da cidade xardín
que por aquelas datas se preconizaba fronte a un modelo de cidade
moito máis conxestionado de edificios. O inicio das obras realízase
durante os anos 30 continuándose durante a posguerra e finalizando a
principios dos 60 coa inauguración da Facultade de Ciencias, na
actualidade Facultade de Química.
Este edificio foi proxectado a finais dos anos 50 para albergar os estudos das titulacións asociadas ás Ciencias. Mesmo que o seu estilo, especialmente o seu exterior, peca de escasa orixinalidade, e está afastado da arquitectura que se facía no mundo nesa época, a súa organización espacial, o seu funcionamento e o seu deseño interior son bastante máis modernos. De feito chegouse co edificio en funcionamento ata entrado o século XXI, estando agora en proceso de acometerse unha reforma integral.
Comentarios
Publicar un comentario