FACULTADE DE MEDICINA
Por
iniciativa de Eugenio Montero Ríos e con deseño do arquitecto
Fernando Arbós y Tremanti, a Facultade de Medicina foi construída
anexa ao Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos), cunha
fachada principal que se prolonga por toda a Rúa de San Francisco e
da que destaca a súa portada con grandes columnas que soportan un
tímpano que loce un curioso relevo en mármore realizado polo
escultor Ramón Núñez que representa unha intervención cirúrxica.
As obras comezaron en 1910 e prolongáronse ata 1928, ano da súa
inauguración sendo reitor e vicerreitor, respectivamente, dous
ilustres catedráticos de Medicina: Luis Blanco Rivero e Alejandro
Rodríguez Cadarso.
Comentarios
Publicar un comentario