FACULTADE DE HUMANIDADES

 

Coa desaparición formal do Colexio Universitario de Lugo, as titulacións que se impartían nel pasaron a integrarse nas novas facultades de Ciencias e de Humanidades, creadas ex novo ao efecto. Mentres que a de Ciencias quedara coas instalacións do vello Colexio Universitario, a nova Facultade de Humanidades precisou dotarse dunha sede, algo que non se conseguiu de xeito inmediato.

O edificio que se construíu para ser a sede da nova Facultade está na zona do campus próxima á avenida de Madrid, e foi inaugurado en 2002. Ademais da Facultade de Humanidades, noutros módulos do mesmo edificio acóllense dous centros universitarios adscritos, é dicir, que aínda que imparten estudos oficiais da Universidade de Santiago de Compostela, non pertencen á Universidade, e a súa xestión non depende integramente dela. Estes centros son a Facultade de Enfermería e a Facultade de Relacións Laborais.

Comentarios

Entradas populares