FACULTADE DE HISTORIA II

 


O edificio da actual Facultade de Xeografía e Historia foi, en orixe, a sede central da Real Universidade de Santiago de Compostela. 

A construción inicial comezouse en 1774 sobre o solar que ocupaba un antigo noviciado de xesuítas que pasou a ser propiedade da Universidade despois da Real Cédula de Carlos III de 1769 pola que os bens da Compañía de Xesús en Compostela pasaron á USC con motivo da expulsión dos xesuítas. 

O primeiro predio, trazado por Ferro Caaveiro, constaba de dúas alturas cunha portada dedicada á deusa Minerva deseñada por José Ferreiro. 

Entre 1894 e 1904, por iniciativa do Ministro de Fomento compostelán Eugenio Montero Ríos, acometeuse unha importante ampliación do edificio engadíndolle un andar máis e realizando unha nova portada, acadando o aspecto que ten na actualidade. Esta nova portada, deseñada por Ramón Núñez Fernández e que substituíu á de Ferreiro, está concibida como un homenaxe -mediante medallóns e estatuas- aos próceres da Universidade: Fonseca, Diego de Muros, Gómez de Marzoa, Diego de Ulloa, Álvaro de Cadaval e o Conde de Monterrei.


Comentarios

Entradas populares