FACULTADE DE FILOSOFÍA

 


A Casa -ou Colexio- de Exercitantes é un edificio que pertencía ao conxunto de dependencias que a Compañía de Xesús posuía neste emprazamento e que pasou a ser propiedade da Universidade despois da Real Cédula de Carlos III de 1769 pola que os bens da Compañía de Xesús en Compostela pasaron á USC con motivo da expulsión dos xesuítas. 

Foi levantado na primeira metade do século XVIII sobre o solar que ocupaba a igrexa medieval de Santa María a Nova, seguindo as trazas do arquitecto Simón Rodríguez. A sobriedade xeral da fachada é marcadamente interrompida polos dous grandes escudos que coroan a porta de entrada: o do arcebispo José Yermo e, por cima, o escudo real de Carlos III. 

Desde o século XIX, o edificio tivo varias funcións en distintos tramos temporais: Instituto de Ensino Medio, Facultade de Filoloxía, Facultade de Políticas, Facultade de CC. da Información e, logo dunha ampla reforma interior, acolle actualmente a Facultade de Filosofía.

O espazo delimitado pola súa fachada, polo muro meridional da Igrexa da Universidade e pola ringleira de casiñas que ocupan o que no pasado era a liña da muralla da cidade, conforma a coqueta Praza de Mazarelos, presidida no seu centro pola estatua de Montero Ríos, obra de Mariano Benlliure.


Comentarios

Entradas populares