FACULTADE DE ENFERMERÍA
No
mesmo edificio que a Facultade de Ciencias da Educación (Campus
Norte), proxectado por Moreno Barberá, e que data de 1975, están
situados outros centros. É un edificio modular, con diversos
volumes, que acolleu inicialmente á parte da Escola de Maxisterio, e
a Anexa (Colexio Nacional de Prácticas), a Facultade de Filosofía e
Ciencias da Educación, que cando se dividiu en tres trasladouse ao
edificio proxectado ao efecto no extremo occidental do Campus Sur.
Os espazos correspondentes aos volumes liberados polo traslado dese centro foron reformados para acoller os estudos de Enfermería, que estiveran tamén nos pavillóns do Burgo das Nacións. A modularidade do edificio, cunha fachada de elementos prefabricados que foi a primeira que se construíu en Galicia destas características, permitía unha certa flexibilidade no seu funcionamento, e a súa adaptación a distintos programas de necesidades, aínda que non perfecta.
Comentarios
Publicar un comentario