FACULTADE DE DEREITO
Os
estudos xurídicos teñen estado presentes na universidade europea
dende as súas orixes, no século XI, sempre tendo en conta que a
existencia de escolas de formación de xuristas é anterior.
No caso
da USC, a Facultade de Dereito retrotrae as súas orixes ao ano 1649.
Dende entón e ata a actualidade tense ocupado da formación xurídica
universitaria en Galicia, de xeito exclusivo ata os anos noventa do
século pasado, década na que se implantaron as demais Facultades
con ensinanzas xurídicas.
Proxectada en 1975 polos arquitectos Álvaro Líbano e Juan Daniel Fullaondo, a Facultade de Dereito naceu cunha capacidade inicial para dous mil alumnos, polo que o exorbitante crecemento da matrícula obrigou a sucesivas reformas e ampliacións dende a súa inauguración no ano 1977, o que provocou que se perdesen moitos dos espazos libres que se construíran inicialmente, coma o pórtico cuberto entre a biblioteca e a secretaría do centro.
Comentarios
Publicar un comentario