FACULTADE DE CIENCIAS


 Na vella Universidade de Santiago de Compostela, cando era a única de Galicia, instituíranse os denominados «colexios universitarios», onde se podían cursar os primeiros anos de certas titulacións. O seu fin era facilitar o acceso á universidade, non facendo necesario que os novos universitarios se desprazasen a Santiago ata que chegasen ao terceiro curso das titulacións que estudaban. Unha vez creadas as novas universidades galegas, a finais dos 80, os colexios universitarios deixaron de ter sentido, polo que foron reconvertidos en facultades e escolas universitarias, e os seus edificios reutilizados para eses fins.

Este foi o caso do Colexio Universitario de Lugo, que tras a creación formal da Facultade de Ciencias, pasou a ser a sede da mesma, iniciándose nela a implantación de estudos completos de determinadas titulacións. O vello edificio reconverteuse, sendo reformado considerablemente despois de que a Facultade de Humanidades fose trasladada á súa situación actual, en 2002.

Comentarios

Entradas populares