FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS


 Baltar, Bartolomé e Almuíña desenvolveron importantes edificios en Santiago. Entre a súa produción, unha das obras máis recentes foi a ampliación do edificio de Relacións Laborais para acoller unha nova facultade. Proposta como un pavillón de volume independente e conectado con la antiga facultade, trátase dunha obra estrita e sobria, na que a precisión no deseño da súa envolvente e a total ausencia de rasgos formais gratuítos son as súas virtudes máis destacadas.

O novo edificio contén diversas aulas, un salón de graos e unha aula magna. Este sinxelo programa resólvese cun prisma alargado, colocado en dirección este-oeste, quedando todas as aulas orientadas ao norte, iluminadas mediante amplos ocos, e os corredores ao sur, nos que se abren ocos estreitos e moi longos. A marcada horizontalidade da fachada sur queda interrompida no seu centro por un elemento vertical de formigón visto, que contén escaleiras e ascensores.


Comentarios

Entradas populares