FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS

 

Edificio inicialmente proxectado e construído nos anos 70 para albergar os estudos denominados daquela Ciencias Económicas e Empresariais, que permitiu un grande crecemento do número de estudantes desas dúas titulacións. Esa demanda fixo que se tivese que ampliar en dúas ocasións, con proxectos de distintos arquitectos, que se foron acaroando ao edificio orixinal.

Segue o esquema que se empezaba a utilizar na época de agrupación dos espazos docentes por unha banda, e os de investigación por outra, separándoos fisicamente. 

É un edificio no que se buscou a iluminación natural da maioría dos espazos habitables, e que conta amplos espazos abertos nas zonas comúns da parte dedicada a docencia, o que facilita as relacións, así como a utilización deses espazos non só para actividades estritamente docentes. Isto permitiu durante moitos anos que se organizaran actos de moi diversa índole, contando ademais coa aula de maior capacidade de toda a Universidade.

Comentarios

Entradas populares