FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
Do
edificio do que forma parte este centro hai que resaltar o seu valor,
polo seu arriscado emprazamento que implicaba a prolongación da
fronte Oeste da cidade histórica.
Proxectado por Fernando Moreno
Barberá, está inspirado na superposición de grandes volumes que se
aprecian na vista occidental da cidade: Colexios de San Xerome e
Fonseca, Pazo de Raxoi, conxunto da Catedral, antigo Hospital Real,
San Martiño Pinario, Facultade de Medicina e Convento de San
Francisco.
Este centro concretamente naceu como Escola Universitaria de Maxisterio, que despois de deixar a súa histórica sede no Colexio de San Xerome, ocupou temporalmente unha parte do conxunto de pavillóns do Burgo das Nacións, que quedaran sen uso unha vez rematado o ano santo para o que fora construído. Foi sempre, sen embargo, un destino de paso, xa que estivo previsto dotalo dun espazo definitivo. Coa reorganización das facultades, Maxisterio pasou a integrase na Facultade de Ciencias da Educación.
Comentarios
Publicar un comentario