FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN
Tras a construción do CGAC, o recoñecido arquitecto Álvaro Siza, galardoado co premio Pritzker, aborda o seu segundo gran edificio en Santiago de Compostela coa Facultade de Ciencias da Comunicación.
O edificio componse dun longo corpo axial, ao que se conectan perpendicularmente volumes como a biblioteca ou a aula magna. Esta organización ofrece unha riqueza espacial ambigua e poética, característica da obra de Siza.
Son salientables a secuencia de entrada, baixo o volume da biblioteca, ou a rampla interior, aberta ao atrio de distribución, desde a que se accede ás diferentes aulas. Ata os detalle do equipamento do edificio estás resoltos polo arquitecto: cadeiras, bancos das aulas, ou o deseño da rotulación e infografía. Isto converte un edificio docente nun exemplo de obra de arte total da arquitectura contemporánea.
O edificio foi galardoado co prestixioso premio portugués SECIL, a primeira vez que ese premio foi concedido a un edificio edificado fóra de Portugal.
Comentarios
Publicar un comentario