FACULTADE DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

 

Cando a única Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Galicia era a de Santiago de Compostela, a demanda social fixo que se implantasen estudos de Ciencias Empresariais en varias cidades de Galicia, para satisfacer a demanda de formación universitaria por parte da sociedade. Este foi o caso da cidade de Lugo, onde se creou a Escola Universitaria de Estudos Empresariais, que foi posteriormente a sede da nova facultade.

Nos anos 90 Arturo Campanero proxectou un edificio para acoller eses estudos, con unha organización espacial moi versátil que agrupaba os espazos destinados á docencia por unha banda, mentres que por outra estaban os dedicados á investigación. 

Cando se creou a Facultade de Administración e Dirección de Empresas, a partir da antiga Escola, a transformación do edificio foi especialmente sinxela, non requirido apenas máis que o cambio de determinadas rotulacións.

Comentarios

Entradas populares