ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA


 As orixes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría comezan en Lugo coa Escola Técnica de Peritos Agrícolas, creada no ano 1963. 

A partir deste centro, orientado inicialmente a dotar dun corpo técnico que permitise a modernización da economía galega, prodúcese unha evolución paralela as necesidades da sociedade. A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría creouse en 1993, integrando os estudos de Enxeñaría Técnica Agrícola, que se viñan impartindo dende o ano 1967, a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos, creada no ano 1989, e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes, creada no ano 1991. En 2003 incorporáronse os estudos de Enxeñaría Civil e Enxeñaría en Topografía.

En 1994 inaugurouse o edificio da EPS da rúa Benigno Ledo, que orixinalmente constaba de sete edificios independentes: catro aularios, un edificio administrativo central e dous pavillóns. No ano 1997 entrou en servizo un novo edificio, o pavillón 3, coñecido como «Ampliación».

Comentarios

Entradas populares