COLEXIO MAIOR FONSECA
Da
mesma época que a Facultade de Ciencias son o tres Colexios Maiores
dedicados aos arcebispos composteláns Alonso III de Fonseca (o
central) e Juan de Sanclemente e Torquemada, e a quen fora reitor da
Universidade nos anos 30 do século XX, o doutor Alejandro Rodríguez
Cadarso.
Desta época son tamén o estadio, o observatorio
astronómico, o ximnasio (hoxe auditorio) e as vivendas acaroadas dos
decanos.
O
proxecto, de Jenaro de la Fuente, incluía outros dous colexios
maiores máis, a continuación do Sanclemente e do Rodríguez
Cadarso, que debían completar a oferta de aloxamento da Residencia
de Estudantes. O estilo era coherente co resto dos edificios
proxectados para a Residencia, e afastados cas correntes
arquitectónicas do momento, aínda que formalmente moi correctos.
Eran colexios segregados por sexos, e nunca chegaron a edificarse,
debido ás dificultades económicas do país nesa época.
Comentarios
Publicar un comentario