CASA DE EUROPA
Edificio
de estilo colonial que foi erixido como residencia dunha familia de
banqueiros da burguesía compostelá no ano 1903. A casa pertencía á
familia de Simeón García Olalla de la Riva (1823-1883) quen fundou
unha saga familiar enriquecida coa comercialización de téxtiles ao
por maior en Galicia, mais con actividades que tamén abarcaron a
actividade bancaria, financeira e inmobiliaria.
O seu centro de
operacións estaba dende 1872 na rúa das Casas Reais, no edificio
deseñado por Jesús López de Rego no que hoxe se sitúa o Arquivo
Histórico Universitario.
A rehabilitación do edificio como residencia para profesores visitantes tivo lugar entre 1999 e 2000, segundo o proxecto redactado por César Portela e Arata Isozaki en 1998. O promotor desta obra de rehabilitación foi o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, aínda que o edificio foi cedido á Universidade, que é quen o xestiona.
Comentarios
Publicar un comentario