BIBLIOTECA INTERCENTROS


 Coa intención de dotar de servizos ao Campus de Lugo, nomeadamente dunha Biblioteca Intercentros, tomouse a decisión da creación dun edificio dedicado a centralizar estes servizos nun único centro. 

A idea era aproveitar as sinerxías e utilizar máis eficientemente os recursos existentes, prestando serivizos de maior calidade. Para iso proxectouse un edificio que servise de sede tanto a unha biblioteca universitaria de calidade, permitindo que convivisen os usos que se demandan en función dos distintos perfís de usuarios: persoas que acoden a consultar libros, estudantes que necesitan un lugar axeitado para estudar, ou para facer traballos individuais ou en grupo, investigadores, etc.

Con un acceso separado, dentro do mesmo edificio, sitúanse unha serie de servizos acubillados baixo o paraugas de denominada Vicexerencia do Campus de Lugo, que agrupa tanto servizos á comunidade universitaria coma servizos que teñen que ver coa xestión administrativa. O seu funcionamento é independente, e se evitan interferencias entre eles e coa Biblioteca.

Comentarios

Entradas populares