BIBLIOTECA DE CC XURÍDICAS E SOCIAIS "CONCEPCIÓN ARENAL"
En
1997 Celestino García Braña foi autor do proxecto dunha biblioteca
para acubillar os fondos de consulta relativos ás Ciencias Xurídicas
e Sociais nas inmediacións das facultades de Dereito, Relacións
Laborais e Ciencias Políticas e Sociais.
A biblioteca é un volume
compacto, con forte presencia acentuada pola súa pel de pezas
pétreas. No seu interior, unha serie de patios rectangulares,
estreitos e largos ábrense en diferentes alturas para introducir luz
na súa base, que é a área na que se dispoñen as salas de lectura.
O edificio organízase en plantas máis ou menos especializadas, coa intención de prestar servizo aos distintos tipos de usuarios. Situando todo o depósito de libros nas plantas superiores preténdese facer flexible o uso do edificio fronte a novas necesidades e futuros cambios. De tal xeito poténcianse os usos afíns, mentres que se evitan interferencias non desexadas, derivadas dos distintos perfís de usuarios.
Comentarios
Publicar un comentario